Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

MENSAXE SEN BOTELLA, Caramuxo Teatro

Caramuxo teatro volve ao teatro de actor da man dunha das directoras máis importantes da escena española (gañadora dun Max, de 2 premios Fetén e fundadora da compañía Uroc teatro) a madrileña Olga Margallo.

‘Mensaxe sen botella‘ é unha fantástica aventura sobre a liberdade. Un espectáculo protagonizado por Laura Sarasola e Juan Rodríguez para público familiar.

Unha caixa, un traballo, un encontro, unha historia. Este é un espectáculo no que se desenvolve a relación entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse. Un espectáculo visual e emotivo no que se mestura unha realidade imaxinaria nun espazo diferente.

El é maniático e perfeccionista, vive só, todos os días recolle as botellas con mensaxes que lle chegan a súa caixa e os envía o seu destino final coa axuda so seu amigo alado. É feliz na súa rutina diaria. Un dia chega unha mensaxe distinta e sen botella…

O QUE A CRÍTICA DIXO: 

‘A proposta de Caramuxo Teatro bebe dunha poeticidade que se basea tamén na forza do pequeno. A interpretación está moi ben conseguida: espectacular Laura Sarasola e máis que correcto Juan Rodríguez. Se a isto se lle suma un hábil xogo escenográfico, funcional e fermoso, no que os actores e os monicreques interactúan perfectamente, e unha escolla de música clásica moi acaida, que engade emotividade, un vestiario altamente coidado e escollido que contribúe poderosamente á ambientación francesa da peza, o resultado é unha desas representacións que crean público, que constrúen eses futuros espectadores’.

Crítica Revista Galega de Teatro

 

‘Uno de los goces de este Feten 2012. Espectáculo hermoso, fresco y sugerente, con una propuesta llena de fantasía, ternura y humor. Una compañía a seguir y tener en cuenta’

Ferrán Baile. Crítica oficial de Feten 2012

Prezo: 5 €
Duración: 45 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 5

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 26 de Marzo de 2017 | 18:00

FICHA ARTÍSTICA

DRAMATURXIA: CARAMUXO TEATRO. DIRECCIÓN: OLGA MARGALLO E CARAMUXO TEATRO. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: XOSÉ VILARELLE. ACTORES: JUAN RODRIGUEZ E LAURA SARASOLA. MANIPULADOR E TÉCNICO DE SON E LUZ: SUSO JALDA. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA E CARTEL: IVÁN R. CONSTRUCIÓN ESCENOGRAFÍA: PATA DE GALO. VESTIARIO: ANITA GARCÍA. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: LINO BRAXE. REALIZACIÓN DE GASTÓN: MARCELO FERNÁNDEZ. REALIZACIÓN MONSTRO: ALIVE. VOCES DOS NENOS: FAIA E XAQUÍN. ESTUDO GRAVACIÓN: VISUE. FOTOGRAFÍA: CORSINO.