Música

Miro Casabella: Hai alguén?

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: CICLO PIONEIRAS DA MÚSICA GALEGA

 

A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo DOA e logo regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das súas cancións son xa himnos, símbolos dun tempo.