Música

Morgan

SELECCIÓN NOROESTE

 

Morgan converteuse por dereito propio nunha das bandas máis respectadas por público e crítica nos últimos anos.

Tralo seu irresistible primeiro disco, ‘NORTH’, en marzo de 2019 presentan ‘AIR’ e saen á estrada: máis de 100 concertos en salas, teatros e festivais por toda a península, Irlanda ou UK (entre eles, BBK, Mad Cool, escenario principal do Jazzaldia ou dous días seguidos con entradas esgotadas no Circo Price) dunha longa xira que recolleu polo camiño 5 premios da Música e un recoñemento unánime. O AirTour está chegando ao seu fin e antes do parón para coller forzas en 2020, MORGAN despedirá esta etapa cono varias datas en lugares moi especiais.