MATINAIS -Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para Galicia: o muíño de auga.

Muiñada é unha viaxe ó pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 28 de Xaneiro de 2018 | 12:00