Teatro Afeccionado

MUSICAL: JÓVENES, PARO, DROGAS, SEXO… Y DON BOSCO [CICLO DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO]

O grupo ‘Candilejas Don Bosco’ naceu o 24 de maio de 1985 no Centro Calvo Sotelo da Coruña. Polo grupo pasaron máis de 350 mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.

Ningún dos compoñentes do grupo é profesional das artes escénicas. Vai sendo a experiencia de moitas horas de traballo ilusionado na maxia das táboas o que lles vai dando a seguridade dunha tarefa ben feita.

Dende o ano 1998 os integrantes do grupo Candilejas Don Bosco (ademais de seguir coas súas actuacións) tiveron a inquedanza de crear un Certame de Teatro Escolar e Afeccionado anual, porque consideran dita actividade unha ferramenta fundamental de axuda á formación integral da persoa. Un certame que goza dunha magnífica aceptación, reflectida no alto número de participantes, que durante tres meses, de marzo a xuño, representan as súas obras no Salón de Actos do Centro Calvo Sotelo.

Os soños que se fan realidade.

Con motivo do bicentenario do nacemento de Don Bosco, Candilejas tiña como reto presentarvos o musical: Jóvenes, paro, droga, sexo… y Don Bosco. Aquí tedes o resultado. Que gocedes del.

Musical_Don_Bosco

Prezo: 3 €
Duración: 90 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 2 de Xullo de 2015 | 20:30

SINOPSE

(Español)

O Grupo Candilejas Don Bosco do Centro Calvo Sotelo preséntanos un musical que fala dos xóvenes e dalgunhas das preocupacións e dificultades coas que se atopan nesta etapa da vida como as drogas, o sexo ou o paro.



FICHA ARTÍSTICA

(Español)

REPARTO: CÉSAR AZPELETA NAVA, FRANCISCO COUSIDO, ISABEL GARRIDO, LYDIA LÓPEZ PRADA, JUAN FILGUEIRAS, PABLO RÚA SEOANE, MANUEL GARROBO PERAL, JÉNNIFER VILAR LODEIRO, MARÍA BORRAZÁS RUMBO, ADRIÁN IGLESIAS MUIÑO. BALLET: LAURA GARCÍA PÉREZ, ANDREA SÁNCHEZ NÚÑEZ, ANDREA SIERRA MELLA, ANDREA VÁZQUEZ ASTRAY, CARLOTA LEMA ARRANZ, CLARA CANZOBRE CASTELO, LAURA PONTE DÍAZ, MAIMOUNA DIALLO, ROMINA MAQUIEL ÁLVAREZ, SABELA PÉREZ MARTÍNEZ, UXÍA MORÁN LÓPEZ, YACINE DIEYE ZOTES, ADRIANA SAR ALVITE, ALBA PAMPÍN MARTINEZ, SARA GUILLÍN LEMOS. MAQUILLAXE: XIANA DEL RÍO FERNÁNDEZ. TÉCNICOS: DAVID BELLO POSE, SEAN MCKAY CASTRO, CRISTIAN TATUR BURGA, CÉSAR OROL GARCÍA, DAVID VIÉITES GÓMEZ. COREOGRAFÍAS: LAURA GARCÍA PÉREZ. ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN: RICARDO GORDÓN, FRANCISCO COUSIDO, SEVERINO PÉREZ, CÉSAR AZPELETA.

IDIOMA: CASTELÁN