Músicas Posíbeis | Anfibia por veces, de Antía Muíño
CICLO MÚSICAS POSÍBEIS | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Co seu novo disco, Anfibia por veces, Antía Muíño consolídase como unha das voces máis singulares da nova música galega. A súa proposta transita con naturalidade entre a canción de autora, o jazz-pop e a tradición oral, construíndo un universo sonoro delicado e contemporáneo no que conviven a intimidade das composicións propias e a forza expresiva do canto tradicional. No escenario, Antía acompáñase dunha formación integrada por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida, catro intérpretes que crean un diálogo musical rico en matices, onde a voz, a percusión, os ventos e o contrabaixo se poñen ao servizo dun repertorio que explora novas formas de entender a música galega desde a creación actual.