Música

Músicas Posíbeis | Trinity + Hernani Faustino

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Trío de música improvisada formado polo saxofonista Luis Erades, o guitarrista Pablo Rega e o batería Fernando Lamas. Xurde da necesidade destes tres músicos, de larga experiencia no campo da libre creación, de atopar un espazo de diálogo sen límites estilísticos, asi como unha fiestra aberta á exploración da libre forma e da composición instantánea.

Andan a explorar as posibilidades dos seus instrumentos até últimas consecuencias para desenvolveren unha linguaxe contemporánea e atemporal. Trinity aposta por unha música intensa, seria e comprometida que bebe de fontes como o jazz, o noise e ata o metal; das pasaxes máis abruptas ás máis delicadas e evocadoras, mantendo entre elas un diálogo intenso e unha escoita moi activa con grande capacidade de comunicación.

Para esta ocasión contan como invitado especial ao contrabajista portugués Hernani Faustino. A súa versatilidade como instrumentista abrangue unha gran cantidade de estilos , desde o free- pop á experimentación máis extrema. O pasar pola improvisación electroacústica, o reducionismo ou o noise, lévano a colaborar con artistas da altura de John Butcher, Lott Anker, Nate Wooley, Carlos“Zingaro”, Agustí Fernandez, Sei Miguel, Albert Cirera, Manuel Mota, Paal Nilssen-Love, Peter Evans, Matt Gustafsson e Ernesto Rodrigues. Igualmente compón música para teatro, é quen de producir programas de radio ou de escribir artigos sobre música en diferentes publicacións.

  • Luis Erades: saxo
  • Pablo Rega: guitarra
  • Fernando Lamas: batería
  • Hernani Faustino: contrabaixo