Música

Nacho Vegas: Mundos inmóviles derrumbándose

SELECCIÓN NOROESTE

 

Con dúas décadas de traxectoria cumpridas en 2021, Nacho Veigas é unha das voces máis respectadas no ámbito das músicas populares tanto en España como en América Latina.

Leva publicado máis dunha decena de referencias, as máis recentes o compilatorio Oro, salitre y carbón (2020) e o triplo álbum Violética (2018), ambas no catálogo do selo Ouso Polita.

Actualmente está a piques de publicar un novo disco que verá a luz en xaneiro de 2022 e é sen dúbida un dos lanzamentos máis esperados do ano, tanto en España como en América Latina. Xa se pode escoitar en plataformas dixitais o primeiro adianto, La Flor de la Manzana.