Cine

Nada que ver. 25 anos de CUAC FM

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, estrea mundialmente no Teatro Colón o xoves 10 de febreiro o documental Nada que ver dirixido por Iago Prada. Trátase dun percorrido histórico a través dos máis de 25 anos transcorridos dende a inauguración en marzo de 1996.

A gala contará cos presentadores Lucía Veiga e Víctor Grande e unha breve intervención do director, sen desbotar algunhas sorpresas.

A recadación íntegra será doada á Cociña Económica, entidade ben coñecida pola cidadanía coruñesa.

O documental foi posible grazas a unha subvención da área de Cultura da Deputación da Coruña e á colaboración do Concello e da Universidade da Coruña.