Cine

Norte Cinema Diverso | Transición, A la carta e Kobieta Z… (Women of)

NORTE CINEMA DIVERSO

 

A entrada para esta sesión da acceso tamén á función das 19 horas. 

Proxección da curtametraxe de ficción Transición, do documental A la carta e da película Kobieta Z… (Women of).

Presenta Ian Fajardo, activista LGTBIQ+.

 

Transición 

  • Dir. David Velduque
  • País: España
  • Ano: 2023
  • Xénero: Drama
  • Duración: 16´
  • Temáticas: Trans, Maiores e T
  • Sinopse: Ángela vive soa. Polo menos, ata o de agora. Unha mañá esperta sobresaltada por uns golpes. Hai unha estraña na súa casa e aínda que a moza asegura ser a súa coidadora, Ángela desconfía dela porque non a recoñece. Seica está a perder a cabeza ou realmente algo escuro tenta invadir o seu fogar?

 

A la Carta 

  • Dir. Iván Vigara
  • País: España
  • Ano: 2024
  • Xénero: Documental
  • Duración: 7:40
  • Temáticas: Relacións de parellas, Non Binario e T
  • Sinopse: Unha carta pode contar máis que toda unha vida. Iván enfróntase ao momento de abrirse coa súa recente cita ao volver dunha cea. Cando chegan á súa casa e todo parece preparado para ter o seu primeiro encontro sexual, Iván sorprende a Mónica cunha carta que lle desvelará unha realidade que descoñecía.

 

Kobieta Z… (Women of) 

  • Dir. Malgorzata Szumowska, Michal Englert
  • País: Polonia
  • Ano: 2024
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 132’
  • Temáticas: Identidade de xénero e T
  • Sinopse: Adrzej vive coa súa familia nunha pequena cidade de Polonia. Esfórzase por ser un bo pai e marido, pero se sente cada vez máis incómodo nun corpo que non reflicte a súa verdadeira identidade. Nun momento en que Polonia vive a súa transición do comunismo ao capitalismo, a película acompaña a Aniela Wesoly na súa viaxe en busca da liberdade persoal como muller trans.