Cine

Norte Cinema Diverso | Alguien que cuide de mi e entrega de premios

NORTE CINEMA DIVERSO

 

Acto de clausura, que contará coa presentación de Hornella Góngara (artista LGTBIQ+), representación institucional do Concello, da Academia Galega Audiovisual e da Universidade Coruña e representantes dos colectivos sociais da Coruña. Realizarase a entrega de premios polo Xurado do Festival e se presentará e proxectará a película de clausura, Alguien que cuide de mi.

Alguien que cuide de mí

  • Dir. Daniela Féjerman, Elvira Lindo
  • País: España
  • Ano: 2023
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 97’
  • Temáticas: Activismo e Dereitos Humanos
  • Sinopse: Nora, nova actriz cun futuro prometedor, fai equilibrios entre os dous piares da súa vida: a súa avoa Lilith, que, hoxe retirada, reinou durante décadas como gran dama do teatro, e a súa nai Cecilia, cuxa traxectoria profesional languidece tras tocar certa gloria nos cabarets canallas dos 80. Como no drama chejoviano de A gaivota, os celos, o amor mal entendido e a mutua dependencia flúen entre elas. É neste período doce da carreira de Nora cando descobre que a súa nai garda un segredo que a marcou para sempre.