Cine

Norte Cinema Diverso | Capitanes, House e Fogo Fatuo

NORTE CINEMA DIVERSO

 

Inauguración e proxección da curta Capitanes, do documental House e da película Fuego Fatuo.

A presentación correrá a cargo de Anxos Fazáns (activista LGTBIQ+).

 

Capitanes 

  • Dir. Kevin Castellano, Edu Hirschfeld
  • País: España
  • Ano: 2024
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 15:00
  • Temáticas: Deportes e G
  • Sinopse: Durante unha semifinal de Copa chea de tensión e agresividade, os dous capitáns dun equipo de fútbol manteñen unha discusión que acaba revelando o que se agocha nos vestiarios de Primeira División: o silencio dos futbolistas homosexuais.

 

House 

  • Dir. Pablo Padovani
  • País: Argentina
  • Ano: 2023
  • Xénero: Documental
  • Duración: 13:03
  • Temáticas: Activismo, Dereitos Humanos, LGBT
  • Sinopse: Azula é unhe artista de Venezuela que encontró una nova voz no Ballroom en Argentina, unha escea cultural que axudou a recoñecerse e expresarse como unha persoa trans non binaria. A través da organización Socio Ballroom, Azula apoia á comunidade LGBTIQ+. A cultura Ball é un espazo de resistencia contra a violencia e a discriminación, onde persoas refuxiadas e solicitantes de asilo poden sentirse seguras.

 

Fuego Fatuo 

  • Dir. João Pedro Rodrigues
  • País: Francia/Portugal
  • Ano: 2022
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 67’
  • Temáticas: Xuventude e G
  • Sinopse: No seu leito de morte, a súa alteza real Alfredo, rei sen coroa, regresa a afastados recordos de mocidade e á época na que soñaba con ser bombeiro. O encontro co instrutor Afonso, do corpo de bombeiros, abre un novo capítulo na vida dos dous mozos, inmersos no amor e o desexo, e suscita a súa vontade de cambiar o status quo.