Cine

Norte Cinema Diverso | Habitar e Lobo e Cão

DE FESTIVAIS: NORTE CINEMA DIVERSO

 

Convidadas: Anxos Fazáns y Cláudia Vareãjo.

 

  • HABITAR, de Anxos Fazáns (15´)

Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar?

Habitar trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.

  • LOBO E CÃO, de Cláudia vareãjo (1h 51´)

Nada en São Miguel, unha illa rexida pola relixión e as tradicións, Ana cuéstionase xunto á súa amigue Luis o mundo que lles prometeron, e descubrirá novos desexos cando coñece á resplandecente Cloé, nova canadense de paso na illa. Premiada no Festival de Venecia, Lobo e Cão é unha fermosa oda á comunidade queer das illas perdidas na inmensidade do Océano Atlántico, as Azores.