Cine

Norte Cinema Diverso | Memoria LGTBIQ+, Yenny, Isleteñas e ENA

NORTE CINEMA DIVERSO

 

A entrada para esta sesión da acceso tamén á función das 21 horas. 

Sesión Memoria LGTBIQ+, coa entrevista a 5 persoas maiores do colectivo e a proxección da película Memoria LGTBIQ+ producida polo Concello da Coruña e realizada pola Asociación Palestra. A continuación proxectaranse as curtas documentais Yenny e Isleteñas e a curtametraxe de ficción ENA.

Presentan Federico Armenteros (activista da Fundación 26D), Domingo Docampo e o equipo de Memoria LGTBIQ+.

 

Memoria LGTBIQ+ 

  • Dir: Fito Ferreiro, Ana Sanmartín, Domingo Docampo
  • Produción: Concello de A Coruña
  • Realización: Asociación Palestra
  • País: España – Galicia
  • Ano: 2023
  • Xénero: Documental
  • Duración: 50´
  • Temáticas: Memoria democrática, G e L.
  • Sinopse: O proxecto Memoria LGTBI+ quere recuperar e vindicar a memoria do colectivo LGTBI+. Motívanos reivindicar a nosa memoria histórica, a necesidade de lembrar que todos os colectivos temos unha memoria e un pasado, unha historia que necesitamos manter viva para non cometer os mesmos erros no futuro. Debemos mirar ao pasado para construír o noso futuro. No 2023 entrevistamos 5 persoas maiores do colectivo LGTBIQ+ .

 

Yenny 

  • Dir. Gastón Escudero Bigurrarena
  • País: Argentina
  • Ano: 2021
  • Xénero: Documental
  • Duración: 13:10
  • Temáticas: Trans, Memoria Histórica, Violencia e T
  • Sinopse: A curtametraxe pretende visibilizar a realidade da transexualidade na infancia e destacar a importancia da figura dos avós. Un diálogo de complicidades, incomprensións e conflitos que superar; un amor incondicional, respectando, apoiando e asumindo desde o primeiro momento o proceso de identificación sexual dunha nena de 10 anos.

 

Isleteñas 

  • Dir. Patri Rivero
  • País: España
  • Ano: 2021
  • Xénero: Documental
  • Duración: 19:56
  • Temáticas: Trans, Maiores, Memoria Histórica e Resiliencia
  • Sinopse: Lourdes, Marián e Margaret, tres mulleres trans nadas en Gran Canaria baixo a sombra da ditadura franquista, préstanse a contar a súa historia con humor, crueza e sensibilidade. A través da mirada da directora, faremos unha viaxe polas súas vivencias e o seu vínculo co Illote, o barrio que foi refuxio e fogar en tempos de exclusión e opresión.

ENA 

  • Dir. Daniela Jara
  • País: Argentina-Ecuador
  • Ano: 2021
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 12:20
  • Temáticas: Muller e L
  • Sinopse: Ena, de 80 anos, termina un pastel escribindo unha carta de despedida a Chela, o seu único amor. Camiña ata chegar ao río, onde ve unha nena debuxar unha rayuela. Neste momento, ve a súa vida transcorrer poéticamente nunha sociedade patriarcal.