Cine

Norte Cinema Diverso | Mulleres directoras galegas

NORTE CINEMA DIVERSO

 

Inauguración

Con LesCoruña, LesWorking, Fundación 26 de Diciembre, CoruFest, CuacFM, CASCO e Poten100mos.


Proxeccións

Bolboreta (6’)

  • Dirección: Lucinda Rey Escribano
  • Intérpretes: Gabriela Rey Carballo, Alba Estévez Rodríguez, M.ª del Carmen Capelete Santos, Martín Viñas Albores
  • Orixe e ano: Galicia, 2026
  • Temática: L

Bolboreta é unha emotiva historia de autodescubrimento, complicidades e intimidade adolescente ambientada nun pobo costeiro galego, alá nos anos 80. A trama segue a estreita amizade entre Gabriela e Alba, dúas xoves compañeiras de clase que comparten as vivencias típicas da súa idade. Coa intención de preparar as súas futuras experiencias románticas con rapaces que lles gusten, Gabriela propónlle a Alba quedar a sós polas tardes para «practicar bicos» antes de ter o seu primeiro mozo. E así, entre as madeiras dun barco varado, o que comeza como un xogo inofensivo fará aflorar emocións imprevistas.

Corre (18’)

  • Dirección: Saamira Ganay
  • Intérpretes: Lucía Veiga, Sara Miranda, Saamira Ganay
  • Orixe e ano: Galicia, 2026
  • Temática: Distopía, L

Nunha distópica A Coruña, Iria e Amira ocultan o seu amor para protexer a súa filla Alex. A través dos seus ollos e da súa cotiandade entendemos o colapso do noso sistema, mentres se impón un réxime totalitario que crea unha falsa sensación de seguridade.

Delincuente (12’)

  • Dirección: Alba Domínguez Serén
  • Intérpretes: Alba Domínguez Serén, Nuria Vil
  • Orixe e ano: Galicia, 2024
  • Temática: Documental, L

A Maradona foi a líder dunha banda de delincuencia xuvenil da Vigo dos 80. A súa memoria colectiva volve á vida nos versos de Nuria Vil, nunha peza visual que recupera a historia obreira da cidade olívica e a literatura contemporánea.

As liñas discontinuas (90’)

  • Dirección: Anxos Fazáns
  • Intérpretes: Mara Sánchez, Adam Prieto, Alberto Rolán, Ana Fórneas, Lidia Veiga, Mónica García
  • Orixe e ano: Galicia, 2025
  • Temática: Drama, Mulleres, Maiores, Trans

Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos, chega á súa casa e atópao todo patas arriba, e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.


Invitadas

  • Lucinda Rey Escribano
  • Saamira Ganay
  • Alba Domínguez Serén
  • Anxos Fazáns