Cine

Norte Cinema Diverso | Leo, En blanco y negro, Los siento, Ese lugar partido, El que no se agache e Ela e eu

NORTE CINEMA DIVERSO

 

Sesión de curtametraxes coas películas de ficción Leo, Ese lugar partido e Ela e eu e os documentais En blanco y negro, Los siento e El que no se agache. A produción Ela e eu foi realizada polo alumnado do CPR Plurilingüe Andaina no Taller de Cine Diverso con Smartphone.

Presenta Ian Fajardo, activista LGTBIQ+.

 

Leo 

  • Dir. Fernando Reinaldos
  • País: España
  • Ano: 2023
  • Xénero: Drama
  • Idioma: Inglés
  • Duración: 14’
  • Temáticas: Relacións de parella, Xuventude e T
  • Sinopse: O último día antes de que Leo se mude a Los Angeles, el e Kai escóndense no centro deportivo onde sempre xogaron a baloncesto, o que se converte na última oportunidade de Leo para confesar o moito que lle gusta o seu mellor amigo Kai.

 

 

En blanco y negro 

  • Dir. Isa Judhá Cari
  • País: México
  • Ano: 2023
  • Xénero: Documental
  • Duración: 15:00
  • Temáticas: Trans, Violencia, Resiliencia e T
  • Sinopse: Unha viaxe irónica polas bonitas experiencias de ser unha persoa trans. Aventuras incribles que as persoas cisxénero xamais poderían gozar.

 

Los siento 

  • Dir. Bella Cintra
  • País: España
  • Ano: 2023
  • Xénero: Documental
  • Duración: 7’
  • Temáticas: Identidade de xénero e T
  • Sinopse: Penetrámonos nunha viaxe no que os sentimentos máis profundos dun grupo de persoas trans guiarán a través das súas vivencias unha relación íntima e sentimental entre dúas persoas trans.

 

 

Ese lugar partido 

  • Dir. Inés Pintor Sierra,Pablo Santidrián
  • País: Galicia
  • Ano: 2024
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 08:00
  • Temáticas: Amistade, Maiores e G
  • Sinopse: Marcos e Mateo coñecíanse desde nenos. Creceron xuntos ata que a construción dunha autoestrada dividiu o seu pobo en dous. A un lado quedou Marcos. Ao outro, Mateo. E esa estrada non foi o único que tentou separarlles.

 

 

El que no se agache 

  • Dir. Agustín Segura Prado
  • País: Galicia
  • Ano: 2024
  • Xénero: Documental
  • Duración: 08:00
  • Temáticas: L, G, B, T, plus
  • Sinopse: Ao revisar unhas filmacións da miña infancia, reflexiono sobre emocións relacionadas coa miña sexualidade. A partir dunha narración persoal, xunto con experiencias doutras persoas, creo un retrato sobre diferentes infancias e adolescencias LGBT.

 

Ela e eu 
Curtametraxe do Taller de Cine Diverso con Smartphone realizado polo alumnado do CPR Plurilingüe Andaina.

  • País: Galicia – España
  • Ano: 2025
  • Xénero: ficción
  • Duración: 20´
  • Produción: Concello da Coruña, Norte Cinema Diverso, Asociación Palestra, Socialdocs e Mobilcinema.
  • Sinopse: Sara, que vive en Madrid, pasa un verán nun campamento en Galicia e alí coñece a Ana. Anos despois, a súa familia trasládase a vivir a Galicia e no novo instituto coincide con Ana. A relación de amizade vaise consolidando e xorde unha atracción entre elas. No instituto descobren a relación e comezan a acosalas.
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 22 de Febreiro de 2025 | 12:30