Cine

Nove de Novembro

Dirixido por Lázaro Louzao

Estrea no Teatro Colón do filme Nove de Novembro, a primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego. Nove de Novembro foi rodada de forma case íntegra na cidade da Coruña e por iso cremos de vital importancia que reciba unha estrea na súa cidade natal acorde á relevancia de dito proxecto. Trátase dunha oportunidade para a cidade de visibilización e normalización ao redor de valores como a diversidade, a inclusión e o uso do galego.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 7 de Abril de 2018 | 20:30

SINOPSE

Os muros que nos separan sempre acaban por caer. Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comézase a esnaquizar co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos. Paralelamente, a máis de 2.000 km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito mais grande está a piques de cambiar tamén. No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu aquela fría noite de novembro.