Furancho_WEB
Teatro

O FURANCHO, Ibuprofeno Teatro

MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Un espazo cargado de ‘agroglamour’ no que se fusionan as tendencias máis ‘trendies’ con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías. Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

DOSSIER

Prezo: ANTES 13/03/2015: 6 € (VR) / 8 €. A PARTIR 14/03/2015: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 75 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 21 de Marzo de 2015 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO. TEXTO E DIRECCIÓN ESCÉNICA: SANTIAGO CORTEGOSO. MOVEMENTO ESCÉNICO: CARMELA BUENO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: SALVADOR DEL RÍO. IMAXE: DIEGO SEIXO. DESEÑO DE VESTIARIO: MARIÁN BAÑOBRE. REALIZACIÓN DE VESTIARIO: MARÍA NEGREIRA (CDG). ZOCOS: ELENA FERRO. DESEÑO DO ESPAZO ESCÉNICO: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE. DESEÑO DE SON: QUITO. MÚSICA: RADIO COS. COBERTURA TÉCNICA: NINGURES PRODUCIÓN. PRODUCIÓN: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DE AAAG E O CDG.