Danza / Música

O Poder do Arcabuz

Quique Peón Cía. e Xacarandaina

Un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro. A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Prezo: Anticipada: 16€. Día da función: 20€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 16 de Decembro de 2017 | 21:00
  • Domingo, 17 de Decembro de 2017 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR, DIRECTOR E COREÓGRAFO: Henrique Peón. COMPOSITOR, ARRANXOS E DIRECCIÓN MUSICAL: Pedro Lamas. ASISTENTE COREOGRÁFICO: Jordi Vilaseca. ASISTENTE DE DRAMATURXIA: Susana Crespo. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Santiago Mañasco. DESEÑO VESTIARIO: Henrique Peón. CONFECCIÓN VESTIARIO: M. Teresa Rosales / Santos Salgado. DIRECCIÓN CORO: Arantxa Concheiro. DIRECCIÓN MÚSICOS TRADICIONAIS: Miguel Vázquez. DIRECCIÓN PANDERETEIRAS: Xurxo Fernandes. DESEÑO GRÁFICO: Pablo Federico.