Música

CANCELADO: Orquestra Nova da OSG

SON FUTURO

 

Desde a súa fundación en 1994 a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia permitiu a centos de mozos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros ou Joan Company, entre outros.

A Orquestra Nova ha participado como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera Os amores de Apolo e Dafne —cuxa edición discográfica figura no catálogo de Naxos—, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler, Pinos de Roma de Ottorino Respighi ou a Sinfonía Alpina, entre outros importantes proxectos orquestrais e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia e Xerez.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquestra Nova supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Os mozos reciben unha completa formación musical por medio do traballo á beira dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes —nas que participaron artistas como Midori, Stephan Dohr, Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau ou Mario Brunello, entre outros— e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso e nos que se abarca un repertorio que vai desde a música barroca ata a dos nosos días.


DEVOLUCIÓN DE ENTRADAS

 

A devolución do importe das entradas compradas online realizarse de xeito automático. No caso das entradas adquiridas en billeteira física, a devolución realizarse na billeteira da praza de Ourense a partir do lunes 10 de xaneiro e ata o 24 de xaneiro, en horario habitual da billeteira.