Música

Orquesta Gaos – 10º aniversario

En xullo de 2009 comezabamos esta aventura musical. Hoxe, 10 anos despois, seguimos crendo nun proxecto ilusionante e máis vivo que nunca. Á orquestra e o coro sumáronse nos últimos anos dous coros infantís e un coro novo. Máis de 40 solistas galegos, máis de 500 instrumentistas de toda Galicia, axudáronnos a seguir crecendo e aprendendo. Con este concerto iniciamos o noso X Aniversario no que haberá moitas sorpresas e sobre todo moita música.​