MATINAIS -Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Outono

Pistacatro

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado con Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior. Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.