Teatro

EL PEÑÓN ES NUESTRO, Coart+e Producciones

POR MOTIVOS ALLEOS AO TEATRO COLÓN A OBRA DE TEATRO ‘PÁNICO’ É SUBTITUÍDA POLA COMEDIA ‘EL PEÑÓN ES NUESTRO’ +info

Nun futuro impreciso, pero non moi afastado, unha España arruinada pola crise e o desgoberno debátese entre dúas malas opcións: o goberno conservador de don Mario de la Fe y de la Paz e a alternativa tamén conservadora, pero dentro duna orde, do opositor Adolfo de la Rubia.

Mentres o pobo soberano discute nas tabernas a idoneidade dunha ou outra opción (e arranxa o país entre caña e caña) o presidente don Mario, por suxestión do seu non moi fiel asistente Spaulding, toma a única decisión posible para salvar o seu mandato e tal vez o seu pelexo: invadir Gibraltar. O valor proverbial da tropa española (chea de hispanoamericanos, iso sí), a banda de música e un sorprendente plan secreto son as principais bazas contra a superioridade militar británica.

O desenlace inesperado (en moitos sentidos) cambiará a sorte dos protagonistas e deixará España patas arriba mentres cañas, medallas e diñeiro negro corren por todas partes.

El-peñón-es-nuestro-_-OFF-de-la-Latina-2

Prezo: ANTES DE 08/02/2016: 8 € (VR) / 12 €. 09/02/2016: 12 € (VR) / 15 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +18

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 19 de Febreiro de 2016 | 20:30