Musical
EVENTO INFANTIL INFANTIL

PANORAMA KIDS 2

Falar de PANORAMA é falar do fenómeno musical dos últimos anos, unha formación que cos seus espectáculos estivais, revolucionaron o panorama musical nas noites de verán. Forzados polos tempos, a formación realiza as súas actuacións nuns horarios pouco apropiados para o público máis novo, ese é o motivo fundamental polo que xorde a idea dun espectáculo para eles e para toda a familia.

PANORAMA KIDS é un espectáculo musical que se desenvolve no entorno dos feitos cotiás dos diferentes membros da formación, encabezado polo seu líder e director LITO GARRIDO. A trama desenvólvese intercalando números musicais de onte e de hoxe cun corte puramente familiar.

Os temas escollidos e coidadosamente interpretados, son a base dunha exquisita posta en escena que tal e como nos ten acostumados PANORAMA nos seus espectáculos, non van a deixar a ninguén indiferente: as acrobacias, as coreografías, o vestiario mestúranse cos máis avanzados equipamentos tecnolóxicos ao servizo do espectáculo, empregando como base un sistema de proxección en alta definición dixital, as técnicas de vídeo mapping son as que lle dan a categoría de espectáculo ultra moderno, todo isto bañado unhas boas doses de humor fan de PANORAMA KIDS un Espectáculo singular, novidoso e divertido.

Nesta ocasión PANORAMA reforza o seu elenco habitual coa incorporación da actriz galega GENMA PARDO. Cunha ampla experiencia nos escenarios, GENMA guiaranos polas reviravoltas do espectáculo e faránolo pasar moi ben. A dirección musical está a cargo do compositor e músico MANU CONDE, que dende hai anos é tamén o director musical da PANORAMA.

LOGO

Prezo: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL / CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 20 de Decembro de 2015 | 17:00
  • Domingo, 20 de Decembro de 2015 | 19:30
  • Luns, 21 de Decembro de 2015 | 18:00
  • Luns, 21 de Decembro de 2015 | 20:30