Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

PEPPA PIG, ‘Big Splash’

‘Peppa Pig – Big Splash’ é unha historia trepidante de 90 minutos, especialmente adaptada para nenos de entre 2 e 6 anos, onde o público asistente verá como Peppa ten que facer fronte ás fugas do teito da gardería. Xunto aos seus amigos, organizan unha feira para recadar o diñeiro necesario para que o Sr. Bull poida realizar as reparacións. Todos traballan xuntos e se encargan de diferentes actividades durante a feira: Peppa é a responsable do ‘chapuzón da sorte’, Pedro vende globos, Danny é o encargado do micrófono para anuncios, Suzy Sheep é a creativa ‘pinta-caras’ e Emily encárgase das antigüedades. Ademais hai un convidado especial á feira: o Sr. Potato do famoso parque temático de Patatolandia, que se encargará de ser o xurado da competición de saltos en pozas de lama.

Peppa Pig, George Pig, Mamá Pig, Papá Pig e os amigos de Peppa traballan como un gran equipo e logran así o obxectivo de arranxar o teito da gardería.

Prezo: 17 € (VR) / 20 € / 27 €
Duración: 90 minutos (descanso incluido)
Idioma: CAS
Calificación: +2

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 4 de Xuño de 2016 | 16:30
  • Sábado, 4 de Xuño de 2016 | 19:00