ESCOLARES - Concerto

Resoando no Pasado

Abraham Cupeiro

Resoando no Pasado é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro  mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento.

Dende unha pequena frauta de óso (46.000 a.c) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.

Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.

“Pedagóxico, ameno, e sobre todo, cheo de emoción, Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos”. “Unha forma de achegarse a outras épocas e culturas a través dos instrumentos”. Este proxecto viu a luz no 2006 e dende entón máis de 40.000 persoas puideron desfrutar deste concerto.

Prezo: Gratuíto. Entrada por convite, é necesario reservar.



DATAS E HORARIOS

  • Luns, 14 de Maio de 2018 | 11:00