Humor

ROBER BODEGAS, ANTOLOGÍA SIN FILTRO [ESTREA]

Ola. Son Rober. Sempre se escriben as reseñas en terceira persoa, pero o certo é que salvo tres ou catro forrados, case todas as escribe o propio autor, normalmente o día antes de enviala a prensa. Non vos deixedes impresionar por reseñas pomposas. Só son mostras do enorme ego que trata de disimular o artista amparándose nun suposto reseñador.

Cóntovos un pouco de que vai ANTOLOGÍA SIN FILTRO, aínda que é bastante doado de adiviñar. O título divídese en dúas partes, ambas moi definitorias do concepto do show para que non vos teñades que romper a cabeza. O de ANTOLOCÍA é porque é unha recompilación dos mellores monólogos dos meus tres últimos espectáculos, principalmente do último, El umbral de la estupidez, por dúas razón, unha: porque é o que fixen cando xa non estaba na tele e viñestes moitos menos a verme. E dúas: Porque os monólogos máis vellos (El día que empecé a odiar los yogures, ¡Y un condón por si pillo!) interpreteinos tantas veces que xa non me fan graza A MIN. E se eu non lle poño ganas, a cousa non funciona, O de SEN FILTRO, é porque non hai filtro, non me parei a pensar se o que digo pode ofender a alguén ou non. Hai que entender que somos todos maiorciños e estamos nun contexto cómico, que a xente escandalízase por nada e iso non pode ser. A min gústame tocarvos un pouco as pelotas para que abrades a cabeciña. Síntoo.

A idea xorde de que levo doce anos actuando e notei que aos meus chistes comezan a saírlle pelos nos ovos. De aí tamén o merecido de facer unha ANTOLOXÍA, (cos mesmos anos a carreira de Bisbal leva tres) e o necesario de que sexa SEN FILTRO.

Máis ou menos iso é todo. Ah. Tamén hai uns vinte minutos novos baseados en vivencias sexuais reais e en fracasos sentimentais, porque non teño morro de repetir todo. Ao vello tamén lle dei a volta. É un pouco máis salvaxe agora. Isto é debido ao clima de crispación que se respira na sociedade. A min non me culpedes. Pero non veñades con nenos, un pouco de cabeza. Que parecedes novos.

En canto á temática: Odio a veganos, liposucción, asasinar aos directores da teletenda, drogras legais para nenos, extinguir aos linces, falar de sexo cos teus sogros, atentar en avión, anticonceptivos e en xeral calquera cousa da que non me deixen escribir humor na tele. Que se note o cambio de medio.

Dinse palabrotas. Pero non hai ningunha que non coñezades de antes. Hale, comprade a entrada que despois védesme por aí borrachos e dádesme a chapa. Téñoo merecido. Por favor.

Madrid, luns 25 de agosto de 2014

Prezo: ANTICIPADA (ANTES 11/10/2014): 10 € / 8 € (VR). 12 € / 10 € (VR).
Duración: 90 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 18 de Outubro de 2014 | 20:30