Música

Rock en Familia | Fillos do rock and roll

Como ben dicía Miguel Ríos, pai do rock no noso país… “Boas noites, benvidos, fillos do Rock and Roll”…, aínda que neste caso sería máis ben “Bos días”, xa que ROCK EN FAMILIA é un espectáculo pensado para celebrarse ao mediodía, un momento ideal para que grandes e pequenos, pais e fillos, compartan a experiencia da música en directo e pasen unha mañá en grao sumo divertida repasando algunhas das mellores cancións dos artistas máis destacados da historia do rock.

HIJOS DO ROCK AND ROLL é un espectáculo producido por ROCK EN FAMILIA e presentado pola súa mascota EL OSO ROSENDO.

Nesta ocasión faremos un sorprendente repaso ás figuras máis influentes do noso rock a través dunha viaxe no tempo no que, da man da nosa incrible banda e en directo, gozaremos coas cancións que marcaron a mocidade dos papás pero, nesta ocasión, cos seus pequenos á beira.

Soarán MIGUEL RÍOS, EXTREMODURO, BARRICADA, ROSENDO, LOQUILLO ou PLATERO e TI e cantaremos todos xuntos para gozar da experiencia inesquecible do ROCK EN FAMILIA .