Familiar

Rosalía

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Espectáculo de Culturactiva.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 22 de Febreiro de 2020 | 12:30

SINOPSE

Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Rocío González e Cristina Collazo
Dirección: Fina Calleja
Autora: Nate Borrajo
Escenografía: Carlos Domínguez del Río
Vestiario: La Canalla
Responsable técnico: David Rodríguez
Asesor artístico: Avelino González