Música

Rozalén | Matriz

Rozalén celebra unha década sobre os escenarios con ‘Matriz’, o seu flamante novo disco, dispoñible a partir do 11 de novembro. Para conmemorar dez anos na música, a artista rexistrou con mestría un conxunto de temas producidos por Ismael Seixo onde rende homenaxe ao folclore e á música tradicional do noso país. O que propón é unha viaxe xeográfica —e tamén emocional— por toda a península a través de pezas que forman parte da nosa memoria colectiva e identidade; así como novas composicións inspiradas no cancioneiro popular.

Para presentar este ambicioso traballo, Rozalén embárcase nunha xira de concertos nos que debullará estas composicións arroupada pola súa banda habitual. Desde maiores a pequenos poderán gozar dun espectáculo que fala de nós a través da música; abrazando a nosa historia con cancións fundamentais. Pasen, vexan… pero, sobre todo, escoiten e gocen deste emocionante proxecto.

Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Decembro de 2022 | 20:30