Música

Savoy Club Big Band

DE ESTREA

 

Unha viaxe aos salóns de baile do Nova York dos anos 50, onde as grandes orquestras tocaban ritmos latinos e emanaban elegancia e calidade musical. Así é unha velada con Savoy Club Big Band: 22 artistas no escenario renden homenaxe aos grandes mestres da música latina e reviven as noites douradas do mambo e o latin jazz na Gran Mazá.

A formación presenta o seu primeiro traballo discográfico: Te desafío. O álbum recolle temas emblemáticos da música latina, baixo os arranxos e a batuta do mestre José Somoza, e conta con colaboracións de recoñecidos artistas afincados en EEUU, que compartiron escenario e gravacións con figuras como Luis Miguel, Cheo Feliciano, Marc Anthony ou Poncho Sánchez.

Tras seis anos de traxectoria e evolución, a orquestra inmortaliza no seu primeiro traballo discográfico unha coidada selección de cancións representativas dos anos gloriosos da música latina, cunha ampla variedade estilística. A época de máximo esplendor das orquestras de Tito Puente, Machito, Mario Bauzá ou Tito Rodríguez configuran o imaxinario de Savoy Club Big Band.

O repertorio combina elementos da música popular coa tradición jazzística e ofrece unha ocasión imperdible para bailar ou gozar en vivo dunha orquestra que, como as grandes formacións das que se nutre, aúna visceralidad e paixón con coidados arranxos e intérpretes enérxicos e virtuosos.

A Savoy Club Big Band acaba de ser galardoada co premio Cantábrico Excelente na súa VII edición 2022. Os Premios Cantábrico Excelente recoñecen o labor de profesionais, empresas e
institucións de Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Navarra, abrindo un espazo de intercambio e coñecemento e fomentando un networking proactivo.