Cine

Semana do Cinema Galego: Dhogs

SEMANA DO CINEMA GALEGO

 

Sinopse: Mentres un estraño personaxe atravesa as rúas da cidade ó volante dun vello taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do monte de acontecementos que lle sucederán nas próximas horas. Logo dunha fugaz aventura cun executivo verase inmersa nunha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control. Dhogs sinala ós malos, nun mundo perverso de amos e escravos. Onde os crimes se suceden ante unha sociedade pasiva, insensible, que todo o permite. Un reflexo da realidade máis escura.

 

DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO