Teatro

SILENCIADOS, Sudhum Teatro

[PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÍA DOS DEREITOS HUMANOS]

SILENCIADOS é unha peza de teatro físico e social que fala da intolerancia e narra a historia de cinco persoas asasinadas por crimes de odio, concretamente por causa da súa orientación sexual. Unha temática á que, lamentablemente, segue sendo necesario dar visibilidade e que está de triste actualidade.

Durante os últimos meses ocorreron en España numerosos casos de acoso por discriminación sexual e agresións homófobas, dos que varios distritos de Madrid foron tristes protagonistas. Precisamente, hai tan só un par de días, o Observatorio Madrileño contra a LGTBfobia contabilizaba máis de 60 ataques deste tipo na comunidade no que vai de ano, 6 deles na última semana e os 6 na cidade de Madrid.

Pese a que a nosa peza fala precisamente da intolerancia e a realidade destes crimes de odio, é unha proposta próxima ao espectador, sexa da idade que sexa. Para nós é máis que unha obra de teatro: e un posicionamento político e cultural, é teatro social ao que demos forma en obradoiros con persoas que sufriron acoso pola súa orientación sexual e con charlas-encontros co público. Demos tamén conferencias, realizamos actos de homenaxe a estas persoas asasinadas, falando coas súas familias e visitando os lugares onde foron asasinadas, actuando en condicións moi adversas. Todo para dar visibilidade a persoas que viviron nas súas propias carnes crimes de odio.

Silenciados realizou xiras en países como Irlanda, Portugal, México, Italia ou Colombia e foi galardoada co premio Hilton Edwards á Mellor Posta en Escena e ao Diálogo Intercultural en Dublín, así como coa Mención Especial nos festivais de FICTGay México DF, EITAI-Querétaro e La Rendija-Yucatán. Con esta montaxe participamos tamén no Festival Iberoamericano de Bogotá representando a España, onde foi elexida pola crítica como un dos 10 mellores espectáculos do festival.

Sudhum Teatro

Prezo: ANTES 04/12: 6€ (VR) / 8€. A PARTIR DE 05/12: 8€ (VR) / 10€
Duración: 70 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +15

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 10 de Decembro de 2016 | 20:30

SINOPSE

Historia de cinco persoas asasinadas por discriminación sexual. Desenterrados para contar a súa vida e a súa morte. Un espectáculo de teatro onde os sentimentos de opresión e a busca da liberdade están en constante loita.

Sen liberdade non hai decisións Sen decisións non hai culpas Non reprochedes o meu silencio Non fun eu quen decidiu calar Foron outros os que decidiron silenciarme

FICHA ARTÍSTICA

IDEA E DIRECCIÓN: GUSTAVO DEL RÍO. ELENCO: JUAN CABALLERO, DENIS GÓMEZ, GUSTAVO DEL RÍO, JONATHAN FERNÁNDEZ, NICOLÁS GAUDE.