Prezo: 28€ | 30€ | 34€ | 38€
DATAS E HORARIOS
- Mércores, 10 de Decembro de 2025 | 20:00
- Xoves, 11 de Decembro de 2025 | 20:00
- Venres, 12 de Decembro de 2025 | 20:00
- Sábado, 13 de Decembro de 2025 | 17:00
- Sábado, 13 de Decembro de 2025 | 21:00
- Domingo, 14 de Decembro de 2025 | 12:30
- Domingo, 14 de Decembro de 2025 | 17:00
Slava’s Snowshow
Slava Polunin, da familia de Cirque du Soleil, colaborador na creación de Alegría e posiblemente o clown en activo de maior prestixio internacional, trae de novo a España o seu espectáculo máis popular: Slava’s Snowshow.
Slava’s Snowshow é un espectáculo teatral circense, poético e intemporal, que cativou e potenciou, como ningún outro, a imaxinación de públicos de diversos xéneros, crenzas, características e idades. O show é un xénero en si mesmo e permanece tan espontáneo e máxico como o primeiro día, catapultando sistematicamente a cada adulto de volta á súa infancia. Slava’s Snowshow ha reinstaurado a arte do clown, seducindo de novo a aqueles que o descartaban como unha forma anticuada de circo.
O espectáculo é unha caravana de organizado caos, xolda e encanto que, sen descanso, roda polo mundo ofrecendo a todos -mozos e maiores- unha oportunidade de deixar as súas vidas cotiás nas portas do teatro e mergullarse nunha condición de “feliz estupidez”.
É unha escusa para celebrar a vida dun modo disparatado e facer vivir ao público emocións e experiencias moi diferentes na súa hora e media de duración: profunda nostalxia, alegría desmesurada e mesmo momentos de gran incerteza e tensión.