Música

SonDeSeu

ESPECIAL XX ANIVERSARIO

 

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia que fixo e segue a facer capítulo isolado, tanto na historia musical do noso país como na do resto da península e de Europa.

SonDeSeu converteu o seu nome e a súa experiencia en facho fecundo e fachendoso, acendido en palestras nacionais e internacionais.

Vinte anos despois toca celebrar o presente actual daquela epifanía feliz, espallando unha escolma das mellores faíscas musicais polos mellores escenarios do país, cun concerto acústico e 60 músicos en escena.