Danza

SUEÑOS Y ZAPATOS, cía. de danza-teatro en integración 5s

*Ao remate da función os integrantes da compañía manterán un encontro co público

A compañía de danza-teatro en integración 5s, nace no ano 2009 patrocinada pola Concellalía de Asuntos Sociais da Coruña e continúa a súa andadura ata hoxe.

O proxecto pretende incluír a persoas con e sen discapacidade nunha formación artística que cada ano dá lugar a unha posta en escena diferente.

Este ano ao ver o éxito do traballo co público, creamos a peza ‘Sueños y zapatos’ a nivel profesional, na que participan tres profesionais do mundo da danza e da música.

A compañía en peza de medio formato actuou en: Cidade da Cultura, Chantada, San Martín Pinario, Teatro Rosalía de Castro da Coruña ou en Oviedo, dende a súa estrea en xuño de 2015.

Prezo: ANTICIPADA: 6 € (VR) / 8 €. DÍA FUNCIÓN: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 60 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 1 de Xullo de 2016 | 21:00

SINOPSE

Os soños que cada un de nós construímos vistos dende un zapato que conta a historia. Unha visión de nós mesmos e dos demais. Unha necesidade do home de comunicarse e de buscar refuxio nos outros.

O zapato que nos sostén, que nos dá o camiño, que compartimos, o zapato que nos fai máis belos e o zapato que nos dá ás, o que é capaz de gardarse no armario para sempre e o que se gasta demasiado rápido.

Oito personaxes, oito nómades, poden ser refuxiados, poden ser familia, poden ser almas perdidas. Buscan un lugar onde habitar e onde habitarse para así poder ser.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: CARLOTA PÉREZ. AXUDANTES DE DIRECCIÓN: BARBARA MONTEAGUDO, LEO RODRÍGUEZ. IMAXES E VÍDEOS: JAVIER TOMÁS OTADUY. FOTOGRAFÍAS: JACOBO AMENEIRO. ELENCO: LUISA SILVA, TATIANA CACHEIRO, ADRIANA PAULOS, CARLOTA PÉREZ, LEODAN RODRÍGUEZ, ERIC SEVERINO, ESTRELLA AGULLÓ, JAVIER TOMÁS OTADUY / MANUEL JOSÉ RODRÍGUEZ, MAMEN BAZARRA.