Concerto

Suite das Oito

ESTREA ABSOLUTA

Suite das oito é un punto de encontro entre diferentes personalidades musicais: Quinito Mourelle, Roberto Somoza e Rogelio Groba, á fronte da Orquestra de Cámara Galega. Formada por oito pezas orixinais de Quinito Mourelle arranxadas para orquestra de cámara por Roberto Somoza, a suite aúna a sonoridade e a narrativa da música clásica cos valores da improvisación, aínda que verquidos en estruturas de maior envergadura que as do jazz ao uso. Trátase dunha música debedora da herdanza sinfónica e camerística de todos os tempos e, en especial, do impresionismo e o romanticismo; unha música que persegue a beleza e a emancipación da imaxinación e o sentimento. Nas oito pezas réndese homenaxe a lugares e persoas, aos paxaros, aos valses, ao océano cambiante, á poesía…

 

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal e Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 14 de Febreiro de 2018 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Quinito Mourelle: composición e piano; Roberto Somoza: arranxos e clarinete; Rogelio Groba: director concertino OCGA; Orquestra de Cámara Galega (OCGA)