EVENTO INFANTIL INFANTIL

THE THREE LITTLE PIGS [II FESTIVAL DE CONTACONTOS EN INGLÉS]

Volve ao Teatro Colón o Festival de Contacontos en Inglés con propostas adaptadas a distintas idades e niveis de lingua. The Three Little Pigs está recomendado para un nivel básico, correspondente aos cursos de Educación Primaria.

UNIDADE DIDÁCTICA

Prezo: 8 € / 6 € (VR)
Duración: 35 minutos

Calificación: +3

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 2 de Abril de 2015 | 12:30

SINOPSE

Unha orixinal adaptación do conto clásico Os Tres Porquiños, convertida nun musical minimalista, no que as cancións, os bailes e a participación teñen un papel protagonista. A porquiña Peggy quere construír un fogar antes de que chegue a tormenta, pero os seus irmáns non queren facer outra cousa máis que xogar e comer lambetadas. Axuda a Peggy a darlles unha lección neste divertido musical.