HumorTeatro Xestual

TRICICLE, ‘Bits’

Bits: Posiblemente o último espectáculo de creación de Tricicle

Levan 35 anos enchendo teatros, o que se di pronto se non fose porque cómpren 35 anos para poder dicilo. Tricicle enche teatros, sen altibaixos, durante oito meses de cada ano. O seu público abarca todas as idades e condicións, esquecendo os seus prexuízos na porta para ‘simplemente’ pásalo ben durante a función e pásalo ben recordándoa, xa que moitos dos números de Tricicle convertéronse en memoria popular.

Tricicle presentou BITS no Teatro Principal de Alicante (o 24 de maio de 2012 tivo lugar a primeira función de BITS). Este pode ser o último espectáculo de creación de Tricicle porque eles non pensan eternizarse nos escenarios. Hai que ter en conta que hai BITS para rato: cada xira de Tricicle por España dura máis de catro anos e conta cun millón de fieis espectadores. Seguramente queda a porta aberta a algún espectáculo recompilatorio de gags de éxito para despedirse do seu público, pero faltan por diante máis de 4 anos para decidilo! Falamos de ‘seguramente’ e de ‘posiblemente’ porque xa é ben sabido que os artistas non acaban nunca de retirarse …

DOSSIER

Prezo: 15 € (VR) / 20 € / 25 € / 30 €
Duración: 80 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 11 de Marzo de 2016 | 20:30
  • Sábado, 12 de Marzo de 2016 | 18:00
  • Sábado, 12 de Marzo de 2016 | 20:30

SINOPSE

Bits é o oitavo espectáculo de Tricicle

E chámase BITS porque o punto de partida é o BIT, esa intanxible unidade de información que alimenta o mundo dixital. Tricicle son BITS e como BITS, nun milimilimilimilisegundo ou menos, pasan dun sketch a outro, á velocidade do clic do rato virtual que se move por unha pantalla xigante que se converte nun inmenso portátil.

Os BITS son unidades mínimas de información binaria, viven nos ordenadores e transmítense por todo o planeta a través de internet, que é unha especie de autopista dixital pola que navegamos por mundos nos que nunca pensamos que iríamos a parar.

Neste espectáculo os integrantes de Tricicle convertéronse en BITS e como tales, a golpe de rato saltan de sketch, de tema, de decorado, de personaxes, de gafas, de sexo e mesmo recuperan a vellos coñecidos para facerse unha auto-homenaxe co fin de aumentar unha paixón enfermiza que os persigue dende hai 35 anos: lograr a maior Densidade de Gags por Minuto Posible (DGPM).

BITS é, segundo Joan Gràcia, Paco Mir e Carles Sans, un espectáculo dixital en código de gags trinario. Aí queda iso.



FICHA ARTÍSTICA

GUIÓN, PRODUCIÓN E DIRECCIÓN: TRICICLE. ACTORES: JOAN GRÀCIA, PACO MIR, CARLES SANS. PRODUCIÓN TÉCNICA: MIGUEL ÁNGEL GARCÍA. DESEÑO ESCENOGRAFÍA: PAULA BOSCH. CONSTRUCIÓN ESCENOGRAFÍA: JORBA-MIRÓ SCP. COORDINADOR TÉCNICO: CARLES ANDRÉS RODRÍGUEZ. DESEÑO ILUMINACIÓN: LUIS MARTÍ. DESEÑADOR E OPERADOR DE SON: RICARDO GONZÁLEZ. DESEÑO VESTIARIO: MARTA WAZINGER. MAQUINISTAS: TITO SÁNCHEZ, MONTSE SCATTI. LUCES: JOSÉ ÁNGEL NIETO. MÚSICA: PERE BARDAGÍ. SONORIZACIÓN VÍDEO: MARÇAL CRUZ-OIDO. LOCUCIÓNS: JOAN CARLES GUSTEMS, JOËL MULACHS, NICO COSTELLO. REALIZACIÓN VESTIARIO: EPOCA. CARACTERIZACIÓN: TONI SANTOS. DESEÑO GRÁFICO E VÍDEO: BERBERECHO PRODUC TIONS, JONI FORTEZA. IMAXE CARTEL / FOTOS VÍDEO: PERE FERRER/JL ALCAIDE, TONI VILLARÓ. FOTOS ESPECTÁCULO: JUAN CARLOS SOLER / GORKA BRAVO. XERENCIA/ADMINISTRACIÓN: PILAR MIR, SILVIA SAGUÉ, PERE BLÁZQUEZ, ELENA RUIZ. XEFE DE PRENSA: XARLO DIEGO.