Música

Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Troyanos de Compostela é a agrupación musical da Asociación Cultural–Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e do Museo Casa de la Troya. Esta agrupación, nacida no 2013, debutou en concerto no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela na tarde do 7 de novembro de 2015, no marco dos II Encontros Troyanos en Compostela, celebrados para conmemorar o centenario da edición da novela.

Troyanos de Compostela xorde como proxecto vinculado ao Museo Casa de la Troya cos obxectivos de investigar, promover e divulgar a música para instrumentos de pulso e púa que tocaba a Tuna Compostelana a finais do século XIX e comezos do XX (época da novela); e lembrar a figura e a obra de diversos compositores galegos daquel tempo.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 25 de Febreiro de 2023 | 20:00