Teatro

Unha noite na praia

TEATRO NO COLÓN

 

Manu é o empregado de un chiringuito nunha praia galega que unha noite recibe a visita de Klaus, un sueco teimudo que se nega a marchar. Un de eles quere pechar e marchar á casa, o outro quere quedar deitado nunha das hamacas para curar un mal de amores. A partir de esta premisa o autor traza unha comedia intelixente que vai revelando pouco a pouco o pasado doloroso
dos personaxes, as súas ilusións, as súas frustracións e a verdadeira relación que existe entre eles, onde polo menos un dos dous non é quen di ser e a súa presencia alí non é unha casualidade. A obra constitúe un retrato con moito humor da realidade do pais e a intricada relación que temos cos nosos turistas.

Elenco: CARLOS BLANCO e XOSÉ A. TOURIÑÁN.

Escrita e dirixida por JAVIER VEIGA.

Prezo: 11€ | 13€ | 15€ | 18€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 14 de Xuño de 2019 | 20:30
  • Venres, 14 de Xuño de 2019 | 23:00
  • Sábado, 15 de Xuño de 2019 | 20:30
  • Sábado, 15 de Xuño de 2019 | 23:00