Concerto

Uxía-Uxío

Estrea presentación do disco de Uxía sobre poemas de Uxío Novoneyra.

Uxía presenta en concerto o seu novo traballo musical, unha particular homenaxe a Novoneyra na que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae. “A poesía de Uxío Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentalista brasileño Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da súa obra”.

Para determinar o repertorio, Uxía e Sérgio escolleron entre o seu poemario o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Cain as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

Prezo: Entrada gratuíta por convite a retirar na billeteira do Teatro. Horario apertura: Xoves 21: de 16.30h a 20.00h / Venres 22: 16.30h a 20.00h / Sábado 23: 12:00h a 14:00h e 16.30h a 20.00h / Domingo 24: 12:00h a 14:00h e 16.30h a 19.00h / Luns 25: 12:00h a 14:00h e 16.30h a 20.30h / Martes 26: 12:00h a 14:00h e 16.30h a 20.30h / Venres 29: 16.30h a 20.00h / Sábado 30: 12:00h a 14:00h e 16.30h a 20.00h



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 30 de Setembro de 2017 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Uxía: voz; Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira; Santi Cribeiro: acordeón; Isaac Palacín: percusión; colaboracións especiais: Ana Isabel Días (arpa clásica), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Quim Farinha (violín).