Cine

VIRIDIANA, Luis Buñuel

Caimán Cuadernos de Cine organiza un ciclo de proxeccións no Teatro Colón de A Coruña coas 3 mellores películas da historia do cine español, votadas na Enquisa Caimán con motivo do número 100 da revista. Tras o éxito da campaña de ‘El Verdugo’ e de ‘El Espíritu de la colmena’, rematamos po ciclo coa película máis votada da lista: ‘VIRIDIANA’ de Luis Buñuel, que estará presentada polo historiador do cine José Luis Castro de Paz. Reserva as túas entradas canto antes para que se faga realidade esta ocasión única de ver de novo o mellor cine español no Teatro Colón.
Prezo especial de 6 € ata que se consiga o mínimo de espectadores, o 20 de abril. A partir do 21 de abril o prezo será de 8 €, a través do despacho de billetes do Teatro Colón.


Duración: 87 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +18

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 27 de Abril de 2017 | 21:00

SINOPSE

Don Jaime (Fernando Rey), un vello fidalgo español, vive retirado e solitario na súa facenda dende a morte da súa esposa, ocorrida o mesmo día da voda. Un día recibe a visita da súa sobriña Viridiana (Silvia Pinal), novicia nun convento, que ten un gran parecido coa súa muller.



FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Fernando Rey, Silvia Pinal, Francisco Rabal. Dirección: Luis Buñuel.