Gala lírica

¡Viva el Belcanto!

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

 

Jessica Pratt e Xabier Anduaga nunha gala de belcanto

Dous das máis importantes expoñentes recentes do bel canto internacional nos nosos días, a aclamada soprano británica Jessica Pratt e o non menos recoñecido tenor vasco Xabier Anduaga, reúnense agora na Coruña para ofrecer unha desas citas únicas e ineludibles para todos os amantes da ópera da primeira metado do século XIX. A Pratt, habitual das grandes citas mundiais como o Festival Rossini de Pésaro ou as tempadas do Metropolitano, The New York Times describiuna como soprano de “son brillante, libre e con facilidade para as notas altas, áxil e fluída coloratura e graza lírica”. Pola súa parte, Xabier Anduaga, flamante gañador na última edición de Operalia, o principal concurso de canto internacional, está considerado coma un dos máis prometedores tenores de hoxe en día, cunha axenda internacional sen apenas oco xa e presenzas destacadas nas tempadas de teatros como a Ópera de París, onde este outono tería que voltar para cantar L’Elisir d’amore. Tanto Anduaga como o director musical desta gala, o excelente director madrileño José Miguel Pérez Sierra, están vencellados ademais á Coruña pola súa especial relación con Alberto Zedda. Anduaga, que deu os seus primeiros pasos baixo o auspicio de Zedda en Pésaro, chegou a traballar co recordado mestre nesta cidade cando este director se ocupaba do Curso de Interpretación Vocal de Amigos de la Ópera. E agora será cando por primeira vez o ascendente tenor ofreza un concerto aquí.


DATAS E HORARIOS

  • Venres, 16 de Outubro de 2020 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Jessica Pratt, soprano
  • Xavier Anduaga, tenor
  • Orquesta Sinfónica de Galicia
  • José Miguel Pérez Sierra, director