MATINAIS -Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Xurdefet

(Jour de fête)

De Berrobambán

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 15 de Outubro de 2017 | 12:00

SINOPSE

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensuxas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se... Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía.

FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETES: Paula Carballeira, Nuria Sanz e Chiqui Pereira. TEXTO: Paula Carballeira a partir de textos de Jacques Prévert. DIRECCIÓN: Chiqui Pereira. AX. DIRECCIÓN: José Campanari. MÚSICA: Nacho Sanz. ILUMINACIÓN: Baltasar Patiño. VESTIARIO: José Campanari. REALIZACIÓN VESTIARIO: Cloti Vaello. ESPAZO ESCÉNICO: Baltasar Patiño. REALIZACIÓN ESPAZO: Allmad estudio. PRODUCIÓN: Chiqui Pereira. AX. PRODUCIÓN: María Rosendo. ASESORÍA COREOGRÁFICA: Olga Cameselle. DESEÑO GRÁFICO: Nanina Deseño. UNIDADE DIDÁCTICA: Lara Rozados. GRAVACIÓN VÍDEO: Illa Bufarda.