Humor

YouPlanet, Wismichu/Auronplay

ENTRADAS ESGOTADAS

Carteis de todo vendido, aplausos, risas, unha morea de gargalladas. Máis de 10.000 espectadores durante 6 fins de semana consecutivos en Madrid e Barcelona, ademais de entusiastas titulares na prensa, como “WISMICHU E AURONPLAY REVOLUCIONAN OS ESCENARIOS”.

O proxecto de catro amigos converteuse na revelación da tempada. AURONPLAY e WISMICHU, dous dos YOUTUBERS máis relevantes do panorama nacional sóbense ao escenario do Teatro Colón de A Coruña, para deleitarnos cun show único e irrepetible. Comentarán co seu humor os vídeos máis tolos, os posts máis salvaxes, os pisos de aluguer máis surrealistas e unha ringleira de sorpresas que provocarán as gargalladas do público galego.

AURONPLAY

Comezou a colgar vídeos cando tiña 17 anos, pero hai tres meses escasos que comezou a tómalo en serio.
Auronplay defínese a si mesmo como un usuario de YouTube que emprega un humor sarcástico e acedo, con dito humor xa suma máis de 2.100.000 de seguidores e 220.000.000 de visualizacións na súa canle.
Fiel ao seu estilo dende hai anos, a súa especialidade é comentar vídeos “estraños” que atopa pola rede. “De lo peor, lo mejor” é o seu lema.

WISMICHU

Estudante de audiovisual, creou a súa canle con tan só 17 anos. Sobe vídeos, trouleadas, bromas telefónicas e sobre todo comezou a destacar a través dos seus Chatroulettes. Dende entón os seus seguidores non pararon de aumentar.
Cun humor sarcástico e unha forma diferente de ver as cousas rutineiro, Wismichu suma máis de 2.750.000 seguidores e 230.000.000 visualizacións na súa canle. “En la vida real no soy nadie, pero en internet me monto mis películas” é o seu lema.

cartel_YouPlanet

Prezo: 15 € / 20 € (Meet & Greet)
Duración: 80 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +13

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 25 de Outubro de 2015 | 12:00
  • Domingo, 25 de Outubro de 2015 | 17:30
  • Domingo, 25 de Outubro de 2015 | 19:30