A obra de teatro ‘Pánico’ será substituída pola comedia ‘El peñón es nuestro’
Ante a cancelación da xira de ‘Pánico’ por motivos persoais insalvables dun dos actores vémonos na obriga de cancelar a función prevista para o vindeiro venres 19 de febreiro. Por deferencia co público a produtora de ‘Pánico’ poñerá en escena a comedia ‘El peñón es nuestro’ e comprométese a volver con ‘Pánico’ ao Teatro Colón en canto se retome a xira.
Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver ‘Pánico’ poden solicitar no prazo dun mes a devolución do importe pola mesma canle pola que se efectuou a compra. Para tratar de compensalos polos trastornos ocasionados ofreceráselle unha invitación para ‘El Peñón es nuestro’ con función o venres 19 de febreiro ás 20:30 horas.
‘El peñón es nuestro’ é unha comedia escrita por José Manuel Lechado e dirixida por Rosa Fernández Cruz. Juan Carlos Muñoz e Juan Carlos Arráez –coa colaboración especial de Alex O’Dogherty’- son os protagonistas desta peza chea de sarcasmo, ironía e humor. As entradas para este novo espectáculo poñeranse á venda o vindeiro luns 25 de xaneiro.