Prezo: ANTES 23/09: 8€ (VR) / 15€. A PARTIR DE 24/09: 10€ (VR) / 20€
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
TENORES: LORENZO MONCLOA, JOSÉ ANTONIO MORENO, VÍCTOR DÍAZ, RICARDO BERNAL. DIRECCIÓN MUSICAL E PIANO: CESAR BELDA. PRODUCIÓN: CHEMARI BELLO.
ENTRE TENORES
‘Entre Tenores’ é unha fusión de catro voces masculinas, que farán un percorrido polos distintos xéneros musicais: un repertorio que abarcará tanto temas de ópera, como zarzuela, música latina, pop, boleros, folclore … En definitiva, unha exquisita selección dos temas máis emblemáticos da historia da música versionados ao piano por Cesar Belda.
Catro voces masculinas, unha infinidade de xéneros musicais e 90 minutos para gozar de temas clásicos e grandes éxitos. Lorenzo Moncloa, Víctor Díaz, Ricardo Bernal e José Antonio Moreno son os encargados de facer un repaso por todos os estilos, sendo capaces de trasladarnos da zarzuela á música latina pasando polo pop ao máis puro estilo Il Divo. Todo isto versionado cun estilo clásico ao que as súas voces están máis habituadas, cun sabor lírico que fará do concerto unha velada inesquecible.