Prezo: 8 € / 7,20 € (VR)
Duración: 60 minutos
Calificación: Infantil
Duración: 60 minutos
Calificación: Infantil
Doña Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo Circo Cocodrilo, atópanse sobre un montón de libros usados. O seu circo desapareceu e só teñen libros, catro trebellos, moitos poemas na cabeza e público, é dicir, teñen o suficiente para crer que son Gloria Fuertes, facer todas aquelas cousas que os alegran, darnos a benvida ao circo perdido, ao circo imaxinado, interpretar á bruxa burbulla, facer todo o posible para que o vento ondee a única bandeira do mundo, nadar, cantar, bailar, agardar, non agardar, buscarse …
ALEGRIA. PALABRA DE GLORIA FUERTES
COORGANIZA:

PREMIO MAX AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA NENOS
ALEGRIA é un espectáculo de clown porque o pallaso é tal vez a mellor voz para os poemas da gran poeta madrileña. O clown busca a risa constantemente, como Gloria Fuertes. O clown vive nun mundo que non comprende, como Gloria Fuertes. O clown sobreponse a calquera fracaso, como Gloria Fuertes. O clown é capaz de tornar en ledicia allea a propia tristeza, o clown é tan xeneroso como a poesía de Gloria.
Os personaxes que Gloria Fuertes creou eran un anaquiño dela mesma, Gloria falaba, ría e se emocionaba a través deles. Doña Pito Piturra e o señor Antropelli, os personaxes de ALEGRÍA, imaxinan o que ela imaxinou, rin coa súa risa, expresan as súas ideas pacifistas, o seu amor polos libros e a lectura, viven as súas emocións, dubidan como ela, laméntanse como ela, coma ela volven unha e outra vez á risa. Doña Pito Piturra e o señor Antropelli son pura poesía. Son palabra de Gloria Fuertes.