Amantes é a adaptación teatral da película de Vicente Aranda co mesmo título, película que se prestaba especialmente a ser sometida á metamorfose teatral, polo seu peculiar estilo tráxico, concentrado nun clásico trío, o microcosmos onde aniñan se enconan e resolven os mil matices da paixón amorosa.
Na obra de teatro Vicente Aranda e Álvaro del Amo concentraron nos tres protagonistas o relato dunha historia que comeza como unha comedia de enredo, para condensarse na turbiedade do melodrama, e culminar na catarse liberadora propia da traxedia. Arredor de Trini, Luisa e Paco, o espectador adiviñará o peso dunha sociedade, que afogada a metade do pasado século e non deixa de agobiar agora; a atmosfera dun entorno que cambia de atavío e de mobiliario, pero procura o mesmo aire enrarecido para que o xénero humano continúe o seu tránsito, ilusionado e desesperado cara a redención.
FICHA ARTÍSTICA
REPARTO. MARTA BELAUSTEGUI, MARC CLOTET, NATALIA SÁNCHEZ. DIRECCIÓN E DRAMATURXIA. ÁLVARO DEL AMO. AXUDANTE DE DIRECCIÓN. CÉSAR BARLÓ. ESCENOGRAFÍA. PACO AZORÍN. VESTIARIO. JUAN SEBASTIÁN. SON. MARIANO GARCÍA (STUDIO-340). ILUMINACIÓN. NICOLÁS FISCHTEL.
AMANTES, CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL/SANDRA TORAL
COORGANIZA
UNHA PRODUCIÓN DE

Amantes é a adaptación teatral da película de Vicente Aranda co mesmo título, película que se prestaba especialmente a ser sometida á metamorfose teatral, polo seu peculiar estilo tráxico, concentrado nun clásico trío, o microcosmos onde aniñan se enconan e resolven os mil matices da paixón amorosa.
DOSSIER
CRÍTICAS